« Inicio | Chourizos Chinos » | Spring Break!!!!! » | As Twin Cities » | San Miguel » | Amigo Steve » | Amiudal Natural » | Coma chourizos » | Amiudal Monumental » | Tarot Galego » | Boas Festas! »

Noam Chomsky


Noam Chomsky, pensador critico mundialmente coƱecido, visitou esta semana Iowa State para falar de asuntos varios como a guerra en Iraq, o conflicto entre Israel e Palestina e o cada-vez-mais-grave problema das armas nucleares. Cun discurso ben argumentado e numerosas referencias historicas, mister Chomsky puxo a parir o goberno de Bush e analizou as futuras consecuencias da politica exterior norteamericana. O seu entender, a solucion a moitos dos actuais conlfictos mundiais e doada pero require que todas as nacions involucradas se deixen de caralladas e empecen a colaborar. Se isto non pasa, a posibilidade de mais guerras, mais mortos e mais desacougo esta cada dia mais cerca e chegados a ese punto non habera volta atras.
O mellor de Chomsky foi a sua actitude positiva pedindolle a todo o publico, americanos na sua maioria, que participen mais politicamente para que a voz da opinion publica se faga escoitar entre aqueles que supostamente son escollidos polo pueblo. En fin, que queda esperanza se nos pomos mans a obra porque como persoas, todos nos podemos axudar a cambiar o mundo dia a dia.

caralladas